Orzamentos Participativos é unha forma de participación no municipio, mediante o cal a cidadanía pode propoñer e decidir sobre o destino de parte dos recursos municipais.
O Presuposto participativo ten como principal obxectivo a participación da cidadanía, co fin de establecer as principais demandas e preocupacións dos veciños e veciñas e incluílas no presuposto anual do municipio, priorizando as máis importantes e realizando un seguimento dos compromisos alcanzados.
O principal aporte dos Presupostos participativos é a idea dunha cidadanía activa, facendo partícipe ao veciño da marcha do Concello.
Entender, en definitiva, a xestión pública como algo que ten que ver coas nosas vidas, e que podemos non só participar, senón tamén decidir sobre estes asuntos públicos.
Ademais, podemos establecer unha serie de vantaxes que deben acompañar ao desenvolvemento do proceso: