galego | español
texto grande
buscar

 

COÑECENDO E GOZANDO DA BILBIOTECA

 

Obxectivos

  • Experimentar a biblioteca como un entorno máxico de encontro cos libros e con outros nenos e nenas
  • Establecer un primeiro contacto cos libros dunha maneira lúdica, facilitando o xogo
  • Desenvolver hábitos básicos de comportamento na biblioteca
  • Recoñecer o uso da biblioteca como un lugar para buscar información
  • Crear un clima ameno, positivo, lúdico e favorable cara á lectura
  • Iniciar os nenos e as nenas na metodoloxía bibliotecaria
  • Espertar a imaxinación e a creatividade mediante os recursos que ofrece a lectura

 

Poboación destinataria

Alumnado de 5 a 10 anos

 

Descrición da actividade

Conxunto de actividades ou actuacións de carácter pedagóxico que pretende acadar a máxima utilización das posibilidades informativas das bibliotecas, a través de obradoiros lúdicos que buscar espertar o interese do neno pola lectura, ben a través de animacións, de xogos ou manualidades de acorde coas idades de cada grupo.

 

Horario

Xoves de novembro a maio. O alumnado estará divididos en grupos de sesións dunha hora e media cada un e segundo as idades.

 

Lugar

Biblioteca Municipal Manuel Lueiro Rey

 

Prezos

15 euros de matrícula (por gastos de xestión e contratación dunha póliza de responsabilidade civil para cada neno/a).

5 euros ao mes (para materiais para as actividades).

 

Inscricións

Faranse durante o mes de outubro nas oficinas municipais, en horario de mañá ou os luns e martes de 18:00 a 20:00 horas.

 

 

 

BEBETECAS

 

Obxectivos

  • Iniciar o neno no coñecemento dos libros e as bibliotecas.
  • Involucrar aos adultos neste proceso.
  • Que os nenos e nenas xunto cos seus pais e nais se acostumen a vir á biblioteca.
  • Axudar os usuarios a adquiriren hábitos de comportamento tales como manter a orde, escoitar con atención, gardar os libros, ter as mans limpas cando se le...
  • Favorecer que os usuarios se relacionen con nenos, mozos e adultos doutros ámbitos culturais

 

Poboación destinataria

Nenos e nenas de 0 a 6 anos

 

Descrición da actividade

Pais e fillos deben atopar na biblioteca outra forma de xogar e estimular a creatividade e a intelixencia. A través das bebetecas pódense desenvolver experiencias de estimulación temperá coa lectura, nas que os pais e as nais axudan os nenos e nenas a adquiriren e desenvolveren habilidades motoras, cognoscitivas e socio-afectivas; observando ao mesmo tempo cambios no seu desenvolvemento.

O persoal da biblioteca procurará orientar os pais e nais sobre os libros axeitados para levaren á casa e "lelos" xuntos. Tamén se organizarán conferencias, coloquios e mesas redondas.

 

Horario

O horario de apertura da bebeteca será o mesmo que o da biblioteca.

 

Lugar

Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey

 

 

 

LUDOTECAS ITINERANTES

 

Obxectivos

  • Fomentar actitudes de busca, creatividade e desenvolvemento da imaxinación a través de xogos, xoguetes e talleres.
  • Favorecer, a partir do xogo, o seu desenvolvemento social, afectivo, intelectual e físico.
  • Propiciar formas positivas de comunicación entre o grupo e de idades similares.
  • Ampliar a oferta de actividades lúdicas fóra do horario escolar.

 

Poboación destinataria

Nenos e nenas de 3 a 9 anos, divididos en dous grupos, segundo o tramo de idade.

 

Descrición

Obradoiros de creatividade e manualidades; sesións de xogos alternativos e psicomotrices; cancións e danzas...

 

Datas

Desenvolveranse entre xaneiro e xuño, unha hora e media á semana por grupo.

 

Horario

Venres: Casa da Cultura de San Vicente

Sábados: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey

 

Prezo

15 euros de matrícula (por gastos de xestión e contratación dunha póliza de responsabilidade civil de cada neno e nena).

10 euros por mes

 

Inscrición

Abrirase en decembro nas oficinas municipais, en horario de mañá ou os luns e martes de 18:00 a 20.00 horas.

 

 

Estas actividades realízanse coa colaboración da Concellería de Educación

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior setembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss