Lexislación acerca da lingua galega
Novas tecnoloxías
Paquete de interface en galego para o Office 2003, Office 2007, Office 2010, Windows XP, (para poñeres o Office ou o Windows en galego)
Paquete de idioma de interface en galego para o Windows 7
Corrector de galego Imaxin Galgo 2.0 para Microsoft Word e Mac
Suplementos temáticos para correctores ortográficos que amplían o dicionario xeral que usa o corrector ortográfico de MSOffice ou de LibreOffice (dicionarios personalizados centrados nunha área de especialidade). Elaborados polo SNL da USC
LibreOffice en galego, suite ofimática libre de código aberto para Windows, Macintosh e Linux (instrucións de instalación).
Ubuntu é un sistema operante rápido e sinxelo con todo o que precisas para o teu traballo diario, e de xeito totalmente libre. Pode instalarse en máis de 50 linguaxes, entre as que se inclúe o galego.
Apps do Dicionario RAG para móbiles e tabletas con sistemas iOS e Android.
Tradutores automáticos
Tradutor automático Gaio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Permite traducir texto plano e páxinas web.
Tradutor OpenTrad apertium do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
Corrector ortográfico en liña
OrtoGal é un corrector ortográfico en liña de galego que a Universidade de Vigo pon á disposición do público na Rede.
Dicionario de pronuncia da lingua galega
Dicionario de pronuncia da lingua galega (USC). Este dicionario ten a finalidade de ofrecer un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala.
Conxugador verbal en liña
CilenisConxugador é unha nova ferramenta lingüística en liña que permite conxugar de maneira fiable calquera verbo da lingua galega. Permite conxugar os verbos que forman parte do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG) e tamén calquera outro verbo que se nos ocorra: neoloxismos, tecnicismos, localismos, verbos dunha xerga ou incluso inventados.
Dicionarios e vocabularios
Dicionario da Real Academia Galega. Con máis de 50.000 entradas, o novo Dicionario da Real Academia Galega pódese consultar en liña e, entre outras utilidades, conta coa posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras.
Dicionario Estraviz, versión electrónica do dicionario dirixido polo lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz. Considerado o máis importante dos traballos sobre léxico desde a perspectiva do reintegracionismo, segue nalgúns casos o estabelecido polas normas de AGAL e noutros atense ao padrón portugués, aínda que permite buscas na norma oficial do galego (ILG-RAG).
Dicionario de sinónimos da lingua galega, do SLI da Universidade de Vigo
Dicionario visual interactivo, para que as persoas procedentes do estranxeiro dean os primeiros pasos na nosa lingua.
Falamos!, guía de acompañamento lingüístico destinada á aprendizaxe do galego a través da conversa. Conta con equivalencias en francés e en inglés.
Proxecto Artello, manuais de léxico e ortografía para a aprendizaxe da lingua galega (con solucionarios)
Digalego. Dicionario de galego de Ir Indo, adaptado á nova normativa de 2003.
Profesionaliza a túa lingua, listaxe de vocabularios publicados en desenvolvemento da campaña Profesionaliza a túa lingua, gañadora da primeira edición do Premio Luísa Villalta.
Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa)
Normas e gramática
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas pola Real Academia Galega en 2003. Última edición (marzo de 2012).
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (extracto do texto completo)
Síntese gramatical, editado pola Universidade da Coruña, foi concibido como un libro de consulta para aquelas cuestións fundamentais do idioma.
Lingua galega. Dúbidas lingüísticas, da Universidade de Vigo.
Criterios para o uso da lingua, da Universidade da Coruña: uso de maiúsculas e minúsculas, signos de puntuación, abreviaturas... resolve as túas dúbidas con este documento.
Sobre a calidade da nosa lingua, recolle os erros máis comúns que o SNL da UDC detectou nas súas correccións.
Linguaxes específicas
Manual básico de documentación administrativa e xurídica, práctico manual editado pola Xunta para modernizar e mellorar os textos administrativos e xurídicos. Contén explicacións e exemplos de cada tipo de documento.
Manual de documantos administrativos, recolle modelos comentados dos documentos que máis se empregan na UDC e pretende ser unha guía cómoda e práctica para para axudar a redactar e a elaborar documentos administrativos útiles e eficaces.
Curso de linguaxe administrativa, manual para os cursos de linguaxe administrativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Vocabulario xurídico-administrativo galego-castelán, do SLI da Univesidade de Vigo.
Novos manuais de linguaxe xurídica e administrativa da SXPL.
Materiais de autoaprendizaxe en liña da SXPL.
Ligazóns varias relacionadas coa lingua galega