galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

lunes, 4 de septiembre de 2023
"O CONCELLO DO GROVE OFRECERÁ DURANTE A FIN DE SEMANA O CICLO DE MAXIA FAMILIAR “TARDES MÁXICAS EN MOREIRAS”"

O Grove, 4 de setembro de 2023.- O Concello do Grove ofrecerá durante a fin de semana o ciclo de maxia “Tardes máxicas en Moreiras” dirixido a público familiar e infantil.

Este ciclo desenvolverase os días 8, 9 e 10 de setembro no almacén Vello de Punta Moreiras a partir das 18,00 h e está pensado para que todos os membros da familia poidan divertirse xuntos antes de volver á rutina das clases e do traballo.

Participarán 3 magos especialistas en maxia infantil e intervirá o factor sorpresa, xa que o público asistente no saberá que magos actúan cada día nin que espectáculo ofrecerán, polo que o terán que pescudar asistindo ao espectáculo.

Os magos que tomarán parte neste ciclo de maxia son:

Mago Raferty, mago profesional de Guadalajara especialista en maxia infantil e familiar, con máis de 14 anos de experiencia e que conta con numerosos espectáculos, galas, contos con maxia e  talleres.

Kayto mago profesional de Madrid, considerado un dos mellores magos infantís de España, premio Warner Bross de maxia infantil.  Ligado ao mundo do espectáculo desde fai moitos anos, conta con numerosos espectáculos de maxia infantil, maxia para bebés, maxia itinerante, ilusionismo e pallasadas máxicas.

Mago Paco, mago profesional de Pontevedra especialista en maxia infantil e familiar, moi coñecido no Grove e que conta con numerosos espectáculos.

 

cartel

Webcam en Directo

agenda

calendario
mes anterior septiembre | 23 mes próximo
LMXJVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss