Prazo: do 1 de abril ao 3 de xuño de 2019, ambas as dúas datas incluídas.
Método: mediante a orde de domiciliación bancaria ou nas oficinas das entidades colaboradoras (na propia oficina bancaria, nos caixeiros automáticos e a través da sede electrónica do Concello-pasarela de pagos), empregando os recibos que se enviarán ao domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario. De non recibir os ditos documentos de pago, deberán solicitar un duplicado nas dependencias da Tesourería-Recadación do Concello do Grove. Para os recibos domiciliados, o cargo nas contas bancarias efectuarase a partir do día 2 de maio do ano que andamos.
O vencemento do prazo en período voluntario sen ter satisfeita a débeda determinará o comezo do procedemento de constrinximento, a percepción do recargo do 5, 10 ou 20% e os demais conceptos esixibles. O dito procedemento executivo no caso do canon da auga levarao a cabo a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.