O Concello do Grove organiza dous obradoiros de horta ecolóxica que terán lugar na Horta de Adelina.
Estes obradoiros están dirixidos a dous grupos de idades:
9 e 10 de maio, para persoas maiores de 18 anos (preferentemente de 18-30 anos)
Horario: de 17.30-20.30 h
20,21 e 24 de maio, para mocidade de 12-17 anos (os 12 anos cumplidos durante o ano).
Horario: 17.30-19.30 h os días 2 e 3 de maio (xoves e venres) e o sábado 4 de 11.00-13.00 h
Son obradoiros de balde onde cada participante deberá levar unha maceta grande onde fará a súa propia plantación. Ademáis aprenderán a sembrar, trasplantar e fertilizar de maneira ecolóxica.
As persoas interesadas poderán inscribirse e facer as súas consultas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no 2º andar da Casa do Concello do Grove (986 730 609 / omix@concellodogrove.es).