O Concello do Grove informa que a partir do día 20 de xuño estará aberto o prazo de presentación das solicitudes para as clases de pádel dos meses de xullo e agosto.
As clases están dirixidas para toda a poboación que este interesada en practicar un novo deporte, é perfecto para todas a idades e ten moitos beneficios como o aumento da coordinación, reflexos, concentración, diminúe o estres e mellora as relacións sociais.
A solicitude deberá presentarse no rexistro xeral do Concello no Edificio Administrativo na Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3, en horario de 9:00 a 14:00 h ou a través da sede electrónica do Concello do Grove.