Con periodicidade anual, a Concellería de Cultura do Concello do Grove convoca subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que, no eido da cultura e nas súas diversas formas, promovan as asociacións culturais locais sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o concello do Grove, e dirixidas á poboación en xeral.