
Contacontos " Miguel de Cervantes VS Shakespeare" Dirixido a público familiar e rapazada a partir de 4 anos.

Luns 24 de abril, 17.30 h

É necesari inscrción previa nas bibliotecas, no tfno. 986732341, no email biblioteca@concellodogrove.es ou nas Redes Sociais. A partires destes dous autores Caxoto achegaranos a esta época tan interesante na que o ser humano se decide a coñecer e entender o mundo no que vivimos. Unha viaxe chea de aventuras, emocións, descubrimentos, personaxes fascinantes… Unha viaxe no tempo para coñecer quen somos e de onde vimos.