A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de turismos desprazarase ao concello do Grove nas seguintes datas e lugares:
Datas: do 28/01/2019 ao 11/02/2019
Lugar: aparcadoiro Illa da Toxa (O Redondo)
Horario de atención: de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás o 01/02/2019 e o 11/02/2019, que será horario só de mañá.
Cita previa:
NOTA: a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.