Para poder moverse no mercado laboral actual con certo nivel de seguridade na procura de emprego é imprescindible partir cunha formación mínima.
Cal é a formación mínima que me pode asegurar certo nivel de éxito?
Difícil, pois débense encaixar intereses persoais, formación, sector, contorno laboral en que me movo, etc.
Recomendacións xerais:
Rematar a formación básica, graduado de secundaria, ben a través da formación regrada ou, se non fose posible, a través da oferta de educación para adultos.
Hai que ter en conta que canto maior sexa o nivel formativo, máis opcións e posibilidades se abren no mercado laboral.
E no caso de que non chegue a rematar o graduado de secundaria?
Nos seguintes apartados de formación regrada e non regrada analizaremos as ditas vías. Tomes unha ou outra, procura formarte antes de entrar no mercado laboral e, cando esteas dentro, continúa formándote.