FORMACION NON REGRADA
A oferta formativa fóra do sistema educativo é ampla e variada, tanto no ambito privado coma no publico. Nós imos centrarnos na oferta pública de formación.
Formación para persoas desempregadas:
Para as persoas desempregadas, a Administración oferta todos os anos unha programación ampla de cursos de formación ocupacional (AFD), accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregados e desempregadas a través dos centros propios ou de centros homologados, tanto públicos como privados.
Outra vía de formación para persoas en situación de desemprego son os Obradoiros de Emprego, formación teórico-práctica destinada a persoas maiores de 18 anos. Na actualidade temos dúas modalidades.
Obradoiros para persoas desempregadas sin límite de idade.
Obradoiros para persoas desempregadas entre o 18 e 30 anos. (PGX)
Formacion para persoas en activo:
As traballadoras e traballadores en activo e os autónomos poden mellorar a súa formación a través da formación continua.
Para formarse nunca é demasiado tarde, sempre existirá algunha vía que se adapte ás nosas posibilidades.
noticias adl
cursos
ofertas de
emprego
Formulario para
ofertar emprego
boletín ADL
boletín OMIX
avisos sms