FORMACION OCUPACIONAL
As persoas desempregadas que desexen mellorar a súa formación teñen á súa disposición a programación de cursos de formación ocupacional realizada pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia en colaboración co Fondo Social Europeo.
Os cursos impártense nos centros homologados distribuídos pola Comunidade Autónoma.
Para poder acceder á dita formación cómpre:
A programación establécese anualmente e os cursos adoitan iniciarse a partir do primeiro trimestre do ano e finalizan no mes de novembro.
Programa:
Programa para activación do emprego PAE | Dirixido a demandantes de emprego beneficiarios do programa PAE |
Accións formativas dirixidas prioritariamente a desempragados menores de 30 anos, con baixa cualificación. | |
Accións dirixidas prioritariamente a desempregados AFD | Importante indicar na demanda de emprego a acción formativa na que se está interesado/a |
FORMACIÓN OBRADOIROS DE EMPREGO
Programa de inserción laboral dirixido a desempregados, cunha duración de 6 meses. Funciona en réxime mixto, quere decir que os participantes reciben formación a través do programa establecido nun Certificado de Profesioalidade e realizan unha obra ou servizo asociado á especialidade, para o que se realiza un contrato de formación.
Como podo saber os obradoiros que se van a desenvolver?
Diríxete ao teu Concello ou á Oficina de Emprego e pregunta pola realización dos mesmos, requisitos e especialidades solicitadas.
Existen dúas modalidades de Obradoiros:
Obradoiros sin límite de idade.
Obradoiros dirixidos a menores de 30 anos inscritos no Programa de Garantía Xuvenil.
A idade mínima nas dúas modalidades son os 18 anos
As persoas interesadas en participar deben estar inscritas na Oficina de Emprego como demandante de emprego e indicar na súa demanda o intereses en participar nos mesmos e na espcialidade concreta.
Para a modalidade de menores de 30 anos, non é necesarios estar inscrito como demandante de emprego, pero si no Pragrama de Garantía Xuvenil.