Que agromen ideas empresariais, que se convertan en proxectos de empresas. Que ningunha iniciativa viable quede sen desenvolver por falta da formación necesaria. Que ningún proxecto deixe de implantarse por falta de financiamento axeitado. Estes son algúns obxectivos esenciais do Concello do Grove e do Igape en relación cos emprendedores.
Achegar formación, asesoramento e titoría, no momento en que sexan requiridos, para facilitar a transformación de ideas en proxectos de empresa, por unha parte, e habilitar ferramentas, servizos e instrumentos financeiros adecuados para apoiar a implantación das novas iniciativas empresariais, por outra.
O programa Emprendedores busca favorecer o desenvolvemento de ideas empresariais e facilitar a conversión das ideas en empresas con futuro. O reto é asistir e apoiar aos promotores das iniciativas empresariais na medida en que o precisen e no momento en que o precisen. Con seminarios de formación, con titores especializados, con ferramentas multimedia, con subvencións, préstamos e garantías.