A reunión terá lugar o xoves 15 ás 20.30 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.
Dentro do plan de información sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que está a levar a cabo o goberno local, este xoves ás 20.30 horas terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey unha nova charla informativa destinada á veciñanza do centro urbano do Grove.
Lembramos que o proxecto de PXOM 2018 está dispoñible online na web do Concello do Grove e, nos vindeiros días, quedará á disposición dos veciños e veciñas na Sala das Dornas da Casa do Concello, ademais de na Casa da Cultura de San Vicente e noutros locais sociais que se están poñendo á disposición para este fin. O Concello poñerá todos os recursos necesarios para que todos os veciños e veciñas coñezan a proposta con detalle e conten con información clara e directa sobre esta.