Prazo: do 2 de setembro ao 4 de novembro, ambas as dúas datas incluídas
Procedemento: mediante a orde de domiciliación bancaria ou nas oficinas das entidades colaboradoras (na propia oficina bancaria, nos caixeiros automáticos e a través de sede electrónica do Concello-pasarela de pagos), empregando os recibos que se enviarán ao domicilio declarado da persoa contribuínte por correo ordinario. De non recibir os ditos documentos de pagagamento, deberán solicitar un duplicado nas dependencias da Tesourería-Recadación do Concello do Grove. Para os recibos domiciliados, o cargos nas contas bancarias efectuarase a partir do día 2 outubro.
O vencemento do prazo en período voluntario sen ter satisfeita a débeda determinará o comezo do procedemento de constrinximento, a percepción do recargo do 5, 10 ou 20% e os demais conceptos esixibles. O dito procedemento executivo, no caso do canon da auga, levarase a cabo pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.