galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Empleo y Desarrollo Local

jueves, 30 de abril de 2020
"[GALEGO] O CONCELLO DO GROVE CONTINÚA COAS MEDIDAS DE CARA Á RECUPERACIÓN ECONÓMICA "
[GALEGO]

 

 

A Deputación de Pontevedra xa concretou axudas específicas para o municipio do Grove e o alcalde remite propostas concretas á Fegamp e a FEMP.

 

Ademais do plan de recuperación para o comercio comunicado onte, o Concello do Grove segue avanzando en medidas para o proceso de recuperación. Deste xeito o alcalde do Grove transmitiulles á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) unha serie de propostas que deberían ser consensuadas entre todos os municipios para dinamizar as economías locais tras esta crise.

 

Deste xeito o alcalde propón a modificación puntual da Lei de contratación pública, xa que no momento actual son os municipios os que deberán encabezar a recuperación económica ao seren as admistracións de máis trato directo ca cidadanía. A proposta pasa pola eliminación ou simplicación de trámites administrativos que permitan contar cunha maior axilidade tanto na contratación como no pagamento de servizos municipais, permitindo que os investimentos municipais teñan repercusión directa o antes posible na localidade. Tamén se deben variar os parámetros de contratación para permitir que as PeME locais poidan concorrer nos concurso de contratación municipais, evitando farvorecer grandes empresas externas (como está sucedendo na actualidade).

 

Amais desta proposta, o alcalde tamén lle trasladou a este organismo a necesidade de eliminar o cobramento de xuros cando se solicite o fraccionamento no pagamento de taxas ou impostos por parte de familias ou individuos que se atopen en situación de emerxencia social, de tal xeito que isto permita tamén realizar cambios no calendario fiscal. A falta de normas superiores que permitan traballar en aprazamentos xerais ou exencións de impostos (no momento actual os concellos non poder tomar medidas dese tipo, xa que iso require de cambios lexislativos) esa solución pode ir paliando algún dos problemas.

 

Desde o Concello do Grove incídese en que é fundamental que estas propostas sexan apoiadas desde a Fegamp e a FEMP e sexa común a todos os concellos, conseguindo unha unificación de solucións que non marque diferenzas entre os municipaios á hora de poder axudar as cidadás e os cidadáns afectados pola crise.

 

A Deputación da Pontevedra, a primeira en axudar

 

O alcalde do Grove tamén participou onte nunha reunión dos municipios de menos de 20.000 habitantes de Pontevedra coa presidenta da Deputación, Carmela Silva. A presidenta informou das medidas tomadas ata o de agora para lle facer fronte ao coronavirus, sendo a primeira institución (e a única, polo de agora) que puxo en marcha unha axuda directa achegándolles liquidez aos concellos para lles facer fronte a necesidades de emerxencia social. Silva tamén informou da situación do fundamental Plan Concellos indicando que os prazos para as actuacións acollidas a este plan se paralizaran e serán ampliados no mesmo número de días que dure a corentana, aplicando así criterios xustos e equitativos para todos os municipios.

 

A Deputación tamén garante as medidas económicas preexistentes ademais de que creou medidas específicas como unha liña de 1.200.000 euros para distribuir entre os concellos par gastos relacionados coa atención aos problemas causados pola Covid-19. Nesta partida O Grove recibiu 89.000 euros, dos cales 10.000 euros se destinarán a axudas directas a familias que se atopen en situación de emerxencia social (para o que son fundamentais os informes que realizarán os Servizos Sociais locais ao respecto). Cincuenta e nove mil euros serán destinados, precisamente, a cubrir salarios de persoal técnico e de administración dos Servizos Sociais e de Asistencia Social, que tiveron que ser reforzados durante este periodo. Finalmente, 20.000 euros permitirán cubrir os gastos realizados polo Concello en materiais específicos contra a pandemia, así como ás medidas hixénicas tan importantes adoitadas, como a desifección das rúas. Axudas, por tanto, que resultan cruciais neste momento e que o Concello agradece notablemente, sobre todo pola rapidez e eficacia en poñelas á súa disposición.

 

Desde a Deputación tamén se informou doutras medidas que se están desenvolvendo xa, como as campañas de promoción que se emprenderán en dúas liñas: fomento de consumo de proximidade, para axudar os comercios e que se realizará por comarcas, e de turismo da provincia (que requirirá a coordinación coa Xunta de Galicia). Tamén se confirmaron as axudas a Festa de Interese Turístico e as de Musigal, que continuarán vixentes a pesar dos posibles aprazamentos de eventos. Finalmente, tamén resulta moi importante o sistema de información centralizado ás PeME, que permita centralizar a información e a tramitación das axudas de todas as institucións para este colectivo.

 

Webcam en Directo

agenda

calendario
mes anterior octubre | 21 mes próximo
LMXJVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss