galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Nuevas Tecnologías

miércoles, 20 de enero de 2021
"[GALEGO] Continua o proceso de implantación do 4G no Grove"
foto
[GALEGO]

 

A entidade Llega800 pon á disposición da cidadanía un teléfono gratuíto e unha web onde comunicar calquera fallo de recepción da TDT no seu domicilio, que será resolto de balde.

 

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, retomarán en próximas datas os labores para ofrecer servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz en varias zonas do Grove que aínda non dispoñen desta tecnoloxía. Esta mellora permitiralle á veciñanza gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

 

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha Llega800, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

 

Así pois, se en próximas datas vostede nota algún problema de recepción da TDT no seu domicilio, Llega800 ocuparase de atender as persoas usuarias afectadas co fin de resolver posibles afectacións sen custo ningún. Para xestionar estes servizos, púxose á disposición da cidadanía o teléfono de atención gratuíto 900 833 999 e a páxina web www.llega800.es.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

agenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil del
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss