galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Obras e Servizos

mércores, 30 de maio de 2018
"A Rúa da Praza abrirase ao tráfico a vindeira semana"

As obras alongaranse durante algúns días máis por mor de mellorar o fresado previsto inicialmente.

 

As obras de mellora levadas ao cabo nas últimas semanas na Rúa da Praza están a piques de rematar. A acometida das melloras de canalización e do firme alongáronse uns días máis do prazo previsto logo de que, tras as reunións cos veciños e veciñas da rúa, estes destacaran a necesidade de realizar un fresado máis profundo que evitase a acumulación de capas de asfalto que tiñan “desnivelado” a rúa con respecto ás vivendas.

 

A obra ten marcado un moi bo ritmo de execución a pesar dos problemas climatolóxicos e das modificacións indicadas, polo que todo apunta que en apenas uns días se poderá reabri ao tráfico rodado, inda que se terá que agardar ao asentamento do firme para realizar un asfaltado definitivo con garantías. A actuación acometida resultaba necesaria e urxente nunha rúa que levaba moitos anos sen contar con melloras malia se tratar dunha das máis céntricas do concello do Grove. 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior febreiro | 20 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss