galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Consumo - OMIC

luns, 17 de decembro de 2018
"O vindeiro 31 de decembro remata o prazo para solicitar gratuitamente o amaño das posibles interferencias na TDT pola telefonía móbil "
foto

 

Tal e como foi comunicado ao comezo da prestación neste municipio do servizo de telefonía móbil de 4ª Xeración (4 G na banda de 800 MHz), este servizo pode producir afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).

 

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte a TDT, a entidade LLEGA800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados.

 

De acordo coa Orde ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil. Mediante a presente comunicación informamos que está a piques de finalizar o prazo habilitado de 6 meses desde o aceso de todas as estacións neste municipio para resolver incidencias na recepción da TDT sen custo para a cidadanía.

 

Non obstante o anterior, infórmase que o 31 de decembro finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas por parte das e dos usuarios da TDT polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos 4 G na banda 800 MHz.

 

No futuro, neste municipio poderíanse acender novas estacións base de telefonía móbil, na banda de 800 MHz, se así o considerasen necesario os operadores para mellorar este servizo. Nese caso volveríase a informar ao Concello e atenderíanse de forma gratuíta as incidencias que se producisen, e abritíase un novo prazo de seis meses desde a data de aceso.

 

En caso de calquera dúbida sempre pode chamar ao teléfono gratuíto da Oficina Técnica de Concellos de LLEGA800, 900 831 902, onde se lle facilitará toda a información referente ás posibles afectacións ocasionadas por estacións base de telefonía móbil no seu municipio ou en municipios lindeiros.

 

Máis información>

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss