O Concello do Grove contratará persoal para obras e servizos municipais. A Deputación de Pontevedra acaba de resolver a concesión dunha subvención para iniciar a contratación de traballadores e traballadoras en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego.
Trátase dunha das liñas de subvención do Plan Concellos 2020, concretamente a liña 3: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
A Deputación de Pontevedra achega 179.090,85 €, que posibilitarán a contratación dun total de 19 persoas para realizar obras e servizos de interese social.
As prazas que se convocan son de xornada completa e dunha duración de 5 ou 6 meses e os postos son os seguintes: nove peóns/peoas de obras pública, tres peóns/peoas forestais, dous/dúas peóns/peoas de xardinería, un/unha carpinteiro/a, un/unha condutor/a de camión, un/unha auxiliar administrativo/a e dous/dúas auxiliares de Cultura.
Os procesos de selección realizaranse a través da Oficina de Emprego de Cambados.
As persoas interesadas deben inscribirse en algunha das seguintes ocupacións:
POSTOS DE TRABALLO |
OCUPACIÓN |
XORNADA |
DURACIÓN CONTRATO |
9 peóns de obras públicas |
peón de obras públicas |
completa |
6 meses |
3 peóns forestais |
peón forestal |
completa |
6 meses |
2 peóns de xardinería |
xardineiro en xeral |
completa |
6 meses |
1 auxiliar administrativo |
empregado administrativo en xeral. |
completa |
6 meses |
1 carpinteiro |
carpinteiro en xeral |
completa |
6 meses |
1 condutor de camión con CAP |
condutor de camión en xeral |
completa |
5 meses |
2 auxiliares de cultura |
Axudantes de museo |
completa |
5 meses |
Requisitos específicos prioritarios para cada ocupación:
Auxiliar administrativo
Prioritariamente Título de formación profesional de CM Xestión Administrativa ou CS Administración e Finanzas
Peón de obras públicas
Carné de conducir B.
Peón forestal
Prioritariamente Formación en prevención de riscos a nivel forestal ou formación en CM Aproveitamento e Conservación Medio Rural ou Certificado de Profesionalidade de Instalación e Mantemento de Zonas Verdes
Peón xardinería
Carné de conducir B
Prioritariamente Título de formación profesional en CM Xardinería e Floración ou Certificado de Profesionalidade de Instalación e Mantemento de Zonas Verdes
Carpinteiro
Carné de conducir B
Condutor
Carné de conducir C e CAP en vigor
Auxiliar de Cultura
Prioritariamente Título de formación profesional vinculada co posto, Animación Sociocultural e Turística