galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Benestar Social

venres, 8 de maio de 2020
"BATA VOLVE A COLABORAR CO CONCELLO DO GROVE"

 

O Concello adxudicoulle hoxe un contrato de mantemento de xardinería por dous anos á Asociación de Autismo Bata.

 

O Concello do Grove adxudicou hoxe un servicio de apoio ao mantemento das zonas verdes da localidade que contribuirá ao coidado destes espazos xunto cos servizos municipais xa adicados a este fin.  O adxudicatario deste contrato por dous ano foi a Asociación de persoas autistas BATA, coa que o Concello do Grove xa tiña colaborado en periodos anteriores. Deste xeito traballadoras e traballadores desta asociación realizarán tarefas de xardinría durante os próximos dous anos na nosa localidade conseguindo, ademáis dun fermoso traballo, poñer en marcha un exemplo de integración moi positivo.

 

A Asociación BATA

 

Segundo informan na propia asociación, “Bata formámola persoas compromedidas, que xeran oportunidades e apoios para as persoas, que promoven a inclusión para a consecución dunha plena calidade da vida, que acomodan o deseño e a adaptación de contornas que faciliten a comprensión e a comunicación, que desenvolvan intervecións eficaces axustadas ás capacidades, necesidades, expectativas e intereses de cada persoa, valorando tanto os seus puntos fortes como os apoios e recursos que precisan, onde os pequenos cambios xeran grandes momentos que constrúen sorrisos, onde se enfatiza o máis importante do cotián..., en definitiva, centrados na boa vida das persoas e en apoios para a cidadanía de pleno dereito”.

 

Ao redor de cinco traballadores de BATA xa se atopaban colaborando co Concello nos últimos anos. Este contrato consolida esta colaboración para dous anos máis.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 21 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss