galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Benestar Social

venres, 15 de maio de 2020
"MULTIPLÍCANSE AS DEMANDAS DE AXUDA A SERVIZOS SOCIAIS"

 

 

O Concello do Grove ten que aumentar os recursos nestes servizos. É fundamental a axuda desinteresada de persoas, colectivos e empresas.

 

O Concello do Grove fai balance do acontecido nestes dous meses de crise e chama a atención sobre a necesidade de seguir mantendo a colaboración de toda a sociedade para evitar que se produzan problemas e seguir garantindo poder cubrir as necesidades básicas de toda a poboación. Neste período foi fundamental o traballo dos Servizos Sociais da localidade, que estiveron alerta de xeito permanente para que non se agravasen situacións ou se producisen novos casos de desprotección.

 

Deste xeito, os Servizos Sociais atenden na actualidade 75 familias que se encontran en situacións complexas derivadas da parálise económica destes dous meses. A axuda é facilitada para cubrir necesidades básicas mediante vales de comida que se entregan cada 15 días revisando a situación da familia que os precisa. Isto supón que aumentasen os gastos habituais do Concello nesta liña de axudas, xa que antes da crise só se estaba atendendo ao redor de 40 familias. O gasto chega a máis de 4.400 euros, ao que se engaden gastos puntuais para o pagamento de enerxía (gas) nalgúns domicilios.

 

Alén das axudas a necesidades básicas das familias, tamén se produciron intervencións puntuais derivadas da crise, polo que os gastos totais destes dous meses chegaron a máis de 6.500 euros. Entre as intervencións puntuais estivo cubrir a manutención dunha persoa afectada por coronavirus que non contaba con atención permanente. Neste caso resultou fundamental a coordinación coa traballadora social do centro médico, cuxo contacto directo permite que o Concello poida actuar en casos de necesidade xustificada. Deste xeito, o servizo de Emerxencias foi o encargado de facilitarlle comida quente ao paciente durante o seu período de convalecencia. A esta situación excepcional sumouse o pago do alugamento puntual para unha persoa cunha situación familiar de risco que se asume neste contexto de crise onde a busca doutras solucións resulta complexa.

 

Colaboración social

 

Desde o Concello destácase que gran parte do bo funcionamento da cobertura dada aos problemas xurdidos durante a crise ten que ver coas colaboracións que se deron en todo o momento. Así, destácase como a Asociación contra o Cancro ou a Asociación de Los Dolores se encargaron de coordinar as máis de cen costureiras que elaboraron máscaras en tempo récord. Recibíronse doazóns de teas e o comercio El Telar doou goma. Cando o material doado non foi suficiente, foi adquirido polo Concello en comercios locais. Todo isto deu lugar a unha rede colaborativa que supón un verdadeiro exemplo de solidariedade.

 

Tamén se recibiron doazóns de comercios locais en forma de alimentos perecedoiros, que foron distribuídos entre as familias do programa de axuda, o que permitiu que os seus vales de comida tivesen maior rendemento. Entre os moitos exemplos de solidariedade destes meses pódese mencionar a doazón de leite por parte do colexio Conmeniño, entre moitos outros.

 

O Concello destaca que cómpre non baixarmos a garda e mantermos o coidado e atención en todo momento. Trátase de que, unha vez máis, se demostre como a boa coordinación entre o Concello e a sociedade impide que ninguén saia mal parado desta grave crise. O Concello informará puntualmente dos cambios que se produzan, así como de axudas adicionais que poidan conseguirse doutras institucións para que familias e negocios locais conten con recursos suficientes. 

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 21 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss