galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Medio Ambiente

xoves, 28 de maio de 2020
"A RESERVA ORNITOLÓXICA DO GROVE ESTARÁ PRESENTE HOXE NUN SEMINARIO DE SEO/BIRDLIFE"
foto

 

O Seminario sobre a Custodia do Territorio e as Reservas Ornitolóxicas terá lugar hoxe xoves ás 16.00 horas de xeito telemático.

 

A importancia da Reserva Ornitolóxica do Grove segue a destacar en distintos foros. Neste caso, o colectivo SEO/BirdLife organizou un seminario sobre a Custodia do Territorio e as Reservas Ornitolóxicas no que, ademais doutros contidos, falarase da Reserva Ornitolóxica do Grove, os seus valores naturais e as actividades que esta asociación está a desenvolver a favor da conservación das aves e dos seus ecosistemas. A finalidade última desta actividade divulgativa é aprender algo máis sobre a “custodia do territorio” entendendo que é, para que serve e como se aplica.

 

No seminario participarán Ramón Martí, director de Desenvolvemento Institucional de SEO/Birdlife; Óscar Prada, da plataforma de Custodia do Territorio da Fundación Biodiversidade e coordinador do Grupo Local SEO/Castro; Gustavo Ferreiro, responsable da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove e Sofía Rivaes, responsable da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife en RietVell (Tarragona).

 

A xornada será realizada de xeito telemático e poderá seguirse no seguinte enlace a partir das 16.00 horas: https://www.youtube.com/watch?v=OgoVKhFk354

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior xullo | 20 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss