galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Limpeza

martes, 21 de xullo de 2020
"O CONCELLO AVANZA NAS MELLORAS DA XARDIÑEIRÍA DA LOCALIDADE"
foto

 

Logo do confinamento, os esforzos céntranse en recuperar e mellorar as áreas verdes do Grove.

 

O Concello do Grove puxo en marcha un plan especial de limpeza e xardinería tras a finalización do estado da alarma. O obxectivo era recuperar os espazos públicos, pero tamén conseguir mellorar os distintos espazos verdes e de actividades públicas da localidade. Deste xeito, ademais do reforzo de operarios de limpeza habituais no período de verán, tamén se ten traballado en colaboración coa asociación Bata no coidado dos xardíns. Como último exemplo desta actividade, esta mesma semana saneáronse, podáronse e retirouse o froito das laranxeiras da rúa Castelao, que foron tamén sometidas a un tratamento fitosanitario. A finalidade é conseguir un mantemento adecuado que garanta a boa situación das rúas do Grove durante todo o ano. 

 

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss