galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Educación

mércores, 16 de setembro de 2020
"O CONCELLO DO GROVE RECIBE UNHA DOAZÓN DE 1.000 MÁSCARAS QUE SERÁN DISTRIBUÍDAS AOS COLEXIOS A TRAVÉS DAS ANPA"
foto
Entrega de máscaras realizada hoxe

 

O Concello do Grove recibiu esta mañá as máscaras da man da empresa Myagal.

 

A empresa de montaxes e alugamentos profesionais Myagal, con sede no Porto Deportivo de Sanxenxo, entregoulle esta mañá 1.000 máscaras de protección infantís ao Concello do Grove. Este material seralles facilitado ás ANPA dos distintos colexios públicos da localidade coa finalidade de que sexan distribuído entre a cativada. Trátase dunha achega que foi moi agradecida polo municipio, xa que os pais e as nais da rapazada que volveu ao colexio están facendo un importante investimento en elementos de protección, e isto supón unha pequena axuda. Sendo a poboación escolar da localidade de ao redor de oitocentos nenos e nenas, este material permitirá facilitarlles unha máscara a cada un deles, e incluso contar con certa reserva de material nos propios centros.

 

Nebulizador para desinfección

 

O Concello do Grove segue traballando en medidas de protección fronte á Covid tanto nas rúas coma nos colexios (a pesar de que se insistirá en reclamarlle eses gastos á Xunta de Galicia, que segue sen asumir a súa responsabilidade, segundo os informe xurídicos existentes). Neste caso, decidiuse adquirir un nebulizador para peróxido de hidróxeno a fin de que os servizos de Emerxencias de localidade se encarguen de realizar unha desinfección diaria en horario de tarde. De xeito concreto, este produto será distribuído en gotas moi finas grazas ao aparello de nebulización en todas as aulas dos catro colexios, despois da limpeza xeral. O peróxido de hidróxeno tense confirmado como un produto eficaz na desinfección, ao tempo que está garantido como elemento non tóxico.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior abril | 23 mes próximo
LMMXVSD
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss