galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Xuventude

xoves, 24 de setembro de 2020
"O CONCELLO DO GROVE FAI UN BALANCE POSITIVO DO CAMPO DE VOLUNTARIADO QUE PON EN VALOR O MEDIO AMBIENTE"
foto

 

O campo, que rematou hai xa dúas semanas, deixa imaxes de colaboración, compañeirismo e conciencia medioambiental que son un exemplo para todos e todas.

 

O Campo de Voluntariado “A terra que habita o mar” desenvolveuse no Grove durante o pasado mes de agosto e comezos do mes de setembro. Doce mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade traballaron arreo para poñer en valor zonas de especial protección para as aves nunha contorna que é o lugar de parada nas súas migracións europeas e africanas. Así, recuperaron estruturas de observación ornitolóxica, deseñaron e colocaron carteis interpretativos neses lugares e retiraron 5.172 quilos de plantas invasoras de varias praias da localidade.

 

Esta iniciativa foi organizado pola Consellería de Política Social dentro do programa xuvenil O Verán que necesitas. Os rapaces e rapazas que se inscriben nesta actividade noutras edicións proceden de toda Europa, pero este ano, por mor da Covid, tan só participaron mozas e mozos oriúndos de Galicia. A directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu, xunto con membros da corporación municipal do Grove, á clausura deste campo que, sen dúbida, foi un verdadeiro exemplo de colaboración e cooperación.

 

Dende o Concello do Grove quere trasladárselles un fondo agradecemento aos mozos e ás mozas que participaron nesta acción e que cederon altruistamente o seu tempo libre para colaborar en algo tan importante como o coidado do medio ambiente.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior febreiro | 24 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss