O sistema nebulizador de peróxido de hidróxeno permite proporcionar unha desinfección semellante á realizada nos quirófanos tamén nos parques infantís grazas ao traballo do Servizo de Emerxencias.
O equipo de Emerxencias do Grove segue cumprindo un importante papel na desinfección fronte á Covid. Deste xeito, os membros do equipo instalaron un xerador nun dos vehículos de Emerxencias que permite empregar o nebulizador adquirido para a limpeza dos colexios públicos tamén nos parques infantís e outras zonas da localidade. A limpeza realízase a diario e supón manter en boas condicións de seguridade este importante espazo, sobre todo tendo en conta que o seu uso segue sendo moi frecuente e numeroso.
Dende o Concello do Grove mantense o compromiso coa seguridade, pero tamén se solicita que a veciñanza siga tendo precaución e cumprindo coas medidas de seguridade necesarias.