PLAN CONCELLOS LIÑA 3. PROGRAMA "INTEGRA O GROVE" PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS DESEMPREGADAS
O Concello de O Grove, para a posta en marcha do PLAN CONCELLOS LIÑA 3, Programa “INTEGRA O GROVE”, financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, solicitou ante a dita institución unha subvención por valor de 268.619,37€ para a contratación de 27 traballadores/as desempregados/as inscritos nas listas do Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de Emprego, en concreto 17 peóns de obras públicas, 2 peóns forestais, 2 peóns de xardinaría, 2 condutores de camión, 2 auxiliares adminitrativos e 2 auxiliares de cultura.
Recibida a comunicación da concesión da subvención por parte da Deputación Provincial procederase á tramitación das correspondentes ofertas de emprego. As persoas desempregadas realizaran obras e servizos de mellora das infraestructuras municipais e servizos de atención ao público. Os contratos son a xornada completa e cunha duración de 6 meses excepto o auxiliar de cultura que a súa duración será de 5 meses.
OCUPACIÓNS SOLICITADAS:
CATEGORÍA PROFESIONAL |
CÓDIGO OCUPACIÓN |
17 PEÓN OBRAS PÚBLICAS |
96011029 |
|
|
2 PEÓN FORESTAL |
95431028 |
|
|
2 PEÓN XARDINARÍA |
95121019 |
|
|
2 CONDUTOR CAMIÓN |
84321042 |
|
|
2 AUXILIAR ADMINISTRATIVO |
43091029 |
|
|
2 AUXILIAR CULTURA |
37151038 |
A continuación específicanse os requisitos de acceso:
-17 peóns de obras públicas: duración do contrato 6 meses a xornada completa, sen requisitos específicos.
-2 peóns forestais: duración do contrato 6 meses a xornada completa, prioritariamente con formación no ámbito forestal, prevención de riscos específico na ocupación.
-2 peóns de xardinaría: duración do contrato 6 meses a xornada completa, prioritariamente con formación no ámbito da xardinaría, ciclos de F.P. ou certificado de profesionalidade na ocupación.
-2 condutores camión: duración do contrato 6 meses a xornada completa, con carné de conducir C e CAP.
-2 auxiliar administrativo: duración do contrato 6 meses a xornada completa, formación mínima en Ciclo Medio en Xestión Administrativa ou FP1.
-2 auxiliares de cultura: duración do contrato 5 meses a xornada completa, formación mínima título de Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística.
As persoas interesadas e que cumpran cos requisitos de acceso deben comunicarse coa Oficina de Emprego e verificar o código da ocupación na súa demanda de emprego.