galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Educación

mércores, 9 de xuño de 2021
"O CONCELLO DO GROVE PON EN MARCHA ACTIVIDADES QUE FAVOREZAN A CONCILIACIÓN FAMILIAR"
foto

 

O Concello ofrece actividades, compatibles coa situación sanitaria, para favorecer a conciliación das familias con menores nados nos anos 2015 a 2017.

 

Desde a Concellería de Educación do Concello do Grove estase a traballar na programación de actividades que permitan a conciliación, tendo en conta a situación sanitaria.

 

Tal como se trasladou hai uns días, o Concello do Grove declina organizar o campamento de verán de Educación como se viña desenvolvendo en edicións anteriores a 2020, xa que as esixencias sanitarias son incompatibles coa realización desta actividade do xeito que se facía ata o de agora. Porén, sendo moi conscientes das necesidades de conciliación laboral e familiar que ten O Grove, pon en marcha o programa ConciliaGrove.

 

O programa ConciliaGrove vai ter lugar durante os meses de xullo e agosto, e vai dirixido a nenas e nenos nados entre 2015 e 2017 que estean empadroados no Concello do Grove, que os seus proxenitores ou titores sexan traballadores por conta propia ou allea e que xustifiquen a súa contratación nos meses de xullo e agosto.

 

As solicitudes de inscrición neste programa presentaranse do 10 ao 17 de xuño no segundo andar da Casa do Concello, e deberán acompañarse da seguinte documentación: solicitude cuberta, con foto do neno, e asinada polo pai, nai ou titor; fotocopia do DNI dos proxenitores do menor, ou titores legais; fotocopia do libro de familia (de todas as follas cubertas) ou fotocopia da documentación acreditativa de ser familia monoparental, de ser o caso; (para traballadores por conta allea) certificado da empresa na que traballa no que se acredite que está traballando en xullo e agosto, así como xornada de traballo; (para traballadores por conta propia) copia do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social ou da mutualidade que corresponda, así como unha declaración xurada de estar efectivamente traballando en xullo e agosto, e a xornada que realiza; fotocopia sanitaria ou seguro médico privado e declaración responsable de condición de saúde (Covid-19) cuberta e asinada.

 

A actividade desenvolverase de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 h. Debido ao cumprimento das normas sanitarias, faranse grupos reducidos, con escaso contacto entre eles, e será obrigatorio o uso de máscara, xel etc., e das demais normas sanitarias en vigor.

 

O custo desta actividade será de 128 €/mes por neno, e terán prioridade aquelas familias nas que traballen ambos os proxenitores en horario de mañá (ou o proxenitor, en caso de familias monoparentais) e precisen dous meses. Se se matriculan 2 ou máis fillos/as no ConcliliaGrove, o segundo e sucesivos terán un 10% de desconto

 

Con esta acción pretendemos darlles resposta ás necesidade de conciliación das familias do Grove e esperamos que as condicións sanitarias melloren para poder organizar no verán de 2022 un campamento urbano como o coñeciamos en edicións anteriores.

 

DÍPTICO INFORMATIVO, FICHA DE INSCRICIÓN E DECLARACIÓN RESPONSABLE>

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss