Coa chegada do verán e do bo tempo, estes días estanse a desenvolver traballos de mantemento e conservación en varios espazos da Illa da Toxa, principalmente no Monte Central e arredores, dos que se encarga a asociación BATA.
Así mesmo, e grazas á recente contratación de 27 persoas, o Concello tamén está realizando labores de roza e limpeza de maleza en diferentes barrios e lugares do municipio, como Meloxo, a avenida de Portugal, Virxe das Mareas, Pereiros ou Boibas.