galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Xuventude

mércores, 23 de xuño de 2021
"ÚLTIMOS DÍAS DE INSCRICIÓN NAS XORNADAS ‘QUE FAGO DA MIÑA VIDA?’"
foto

 

Nesta actividade, veciñas e veciños do Grove compartirán coa xente nova as súas experiencias laborais.

 

A Concellería de Xuventude do Concello do Grove lembra que segue aberto o prazo para inscribirse nas xornadas de interacción xuvenil “Que fago da miña vida?”, que terán lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey o vindeiro sábado 26, de 10.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.00; e o domingo 27, de 11.00 a 13.30 h.

 

Para inscribirse cómpre enviar un correo electrónico cos datos persoais ao enderezo electrónico quefagodaminavida@gmail.com, xa que o evento terá capacidade limitada.

 

Estas xornadas pretenden que as mozas e os mozos do Grove reflexionen sobre as adversidades ás que probablemente se teñan que enfrontar para conseguiren a estabilidade laboral, pero tamén orientalos con diferentes opcións e motívalos para atoparen aquilo ao que se queren dedicar ou mesmo para que permanezan na busca activa de opcións laborais.

 

Acadar traballo no estranxeiro, emprendemento, facer voluntariado, información de programas de bolsas, prácticas en empresas e cursos, traballar no sector cultural, dedicarse ás artes etc. son algunhas das experiencias da nosa veciñanza, que compartirá coa mocidade inscrita nestas xornadas da vindeira fin de semana. Así mesmo, preténdese que os relatorios sexan dinámicos e que lles poidan proporcionar información á rapazada participante co fin de decidir os seus próximos pasos para saber “que facer da súa vida”.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior febreiro | 24 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss