galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Educación

martes, 15 de marzo de 2022
"O CONCELLO MELLORA A SEGURIDADE PEONIL NA RÚA CONCHASES"
foto
  O Concello do Grove, a través do seu persoal e con material propio, instalou un valado nun inmoble abandonado situado na rúa Conchases. Este edificio era un punto que xeraba inseguridade, incomodidade e certo risco, tanto para o tránsito peonil e a veciñanza da zona como para a mocidade que adoitaba acceder ao seu interior, xa que carecía de protección ningunha que dificultase a entrada ao predio.   Coa instalación deste elemento de protección, ademais de impedir que se poida acceder libremente ao interior do inmoble, tamén se evita o perigo que supuñan os ferros existentes na propia fachada, que poderían desprenderse e causarlles algún dano aos transeúntes nun lugar moi transitado por menores, xa que está nun camiño escolar seguro.   Esta actuación complementarase pintando a rúa con zonas de paso de peóns e pictogramas que ofrezan maior seguridade peonil, xa que é un acceso moi concorrido para acudir ao colexio Rosalía de Castro.
 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss