galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Emprego e Desenvolvemento Local

mércores, 17 de agosto de 2022
"PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE ALUMNOS OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO A LANZADA V"

O Concello do Grove vai desenvolver o Proxecto de Obradoiro Dual de Emprego A LANZADA V, dirixido as persoas desempregadas inscritas cómo demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia que teñan unha idade igual ou superior aos 18 anos e cumpran os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato de formación en alternancia. Serán seleccionados 20 alumnos/as traballadores/as, distribuídos nas seguintes especialidades formativas:

 

  • 10 PRAZAS PARA ESPECIALIDADE DE COCIÑA

Certificados profesionalidade nivel 1 HOTR0108 e nivel 2 HOTR0408

 

  • 10 PRAZAS PARA SERVIZOS DE RESTAURANTE

Certificados profesionalidade nivel 1 HOTR0208 e nivel 2 HOTR0608

 

A selección irá precedida da tramitación de oferta de emprego específica pola Oficina de Emprego do Servizo Público de Emprego de Pontevedra debendo esta observar, como REQUISITOS MÍNIMOS que deben cumprir as persoas candidatas preseleccionadas, os seguintes:

 

-Ter 18 ou máis anos de idade.

-Estar desempregadas, entendéndose nesta situación ás persoas demandantes de emprego rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.

-Cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora para a formación en alternancia, co obxecto de ter vinculación mediante un contrato de tales características ao obradoiro de emprego, desde a súa incorporación ao proxecto.

-Cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os certificados de profesionalidade de nivel 1.

 

REQUISITOS FORMATIVOS PARA ACCEDER AO OBRADOIRO DE EMPREGO A LANZADA V DO CONCELLO DO GROVE

 

ORDE do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

“Artigo 2. Requisitos de acceso á formación dos certificados de profesionalidade

1. A Dirección Xeral de Emprego e Formación é o órgano da Consellería de Traballo e Benestar con facultades para comprobar que as persoas aspirantes posúen os requisitos formativos e profesionais para cursar con aproveitamento a formación de certificados de profesionalidade.

 

2. Para acceder á formación de módulos formativos dos certificados de profesionalidade do nivel de cualificación profesional 1 non se esixirán requisitos académicos nin profesionais…..”

 

Terán preferencia para participar neste proxecto as persoas que solicitasen este servizo a través da súa demanda de emprego e dentro destas, priorizarase a aquelas que teñan prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción laboral e ás persoas demandantes que teñan especiais dificultades de inserción no mercado laboral (indicadas nas bases da convocatoria) e que non participasen nun obradoiro de emprego.

 

O Concello Do Grove realizará a selección de entre a relación de persoas desempregadas remitidas pola oficina de emprego, mediante unhas bases de selección tras a presentación da oferta na Oficina de Emprego, que serán publicadas na sede electrónica, no taboleiro de anuncios do Concello do Grove e no taboleiro de anuncios da Oficina de Emprego de Cambados e Pontevedra.

 

As persoas interesadas en participar neste proxecto e que cumpran os requisitos que se establecen na Orde do 21 de febreiro de 2022 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os Obradoiros duais de emprego e os requisitos formativos específicos para as especialidades que vanse impartir neste obradoiro, deberán dirixirse á OFICINA DE EMPREGO DO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO E MANIFESTAR O SEU INTERESE EN PARTICIPAR EN DITO OBRADOIRO OU REALIZAR A SOLICITUDE A TRAVÉS DA OFICINA VIRTUAL.

 

O prazo para inscrición remata o 2 de setembro de 2022.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 22 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss