O CONCELLO DO GROVE ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL
O Concello do Grove informa de que o luns, 24 de outubro comeza o prazo de inscrición na Escola de Música Municipal José Silva Torres. A previsión é de que o curso se desenvolva entre novembro e xuño do ano próximo.
Este curso levarase a cabo por primeira vez na Escola de Música, que se encontra dentro da edificación do Auditorio, recentemente inaugurado, o que suporá unha notoria melloría na calidade das clases, así como no confort de alumnos e profesorado.
A escola de música oferta clases adaptadas por idade, contando con música en movemento, teoría musical, e gran variedade de instrumentos, tales como piano , violín , guitarra, violonchelo, ou percusións , ampliando a oferta a instrumentos como canto, acordeón, laude, bandurria, etc
A escola de música pretende fomentar o coñecemento e apreciación da música entre os seus alumnos, ofertando unha formación ampla e diversa, fomentando entre o alumnado a súa participación en formacións tanto vogais como instrumentais.
Trátase de unha actividade con moi boa acollida dende os seus inicios e que ten unha gran demanda, o que indica a alta sensibilidade artística que hai no Concello de O Grove. Ademáis a estrea das instalacións da Escola de Música no Auditorio Municipal, facilitará a asistencia dos rapaces, por contar con instalacións más amplas e pensadas específicamente para a docencia musical.
O prazo de inscrición comeza o luns 24 de outubro e esta deberá facerse a través do Rexistro municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas. Os impresos de matrícula poden descargarse na web Concello do Grove ou premendo na seguinte ligazón :
BOLETÍN DE INSCRICIÓN CURSO 2022-2023