O Grove, 19-04-2023.- O Concello do Grove celebra este ano unha nova edición da Festa dos Maios.
O concurso terá lugar o 1 de maio na Praza do Corgo e nel poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas que o desexen.
Para optar a premio é obrigatorio realizar a inscrición, ben por rexistro electrónico desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no BOPPO da provincia de Pontevedra ata as 13.00 h do venres 28 de abril, ben na Praza do Corgo entre as 10.30 e as 11.30 h do luns 1 de maio, cubrindo a solicitude de inscrición e anexos. Poderán concursar en tres modalidades distintas: Maios Tradicionais, Maios Artísticos ou Coplas e Interpretación.
Todos os maios participantes deberán presentarse ao xurado antes das 11.40 h do 1 de maio na Praza do Corgo. O concurso dará comezo ás 12.00 h e a partir dese intre non poderán participar máis maios no concurso.
Cada participante recibirá 30 euros e establécense tres premios en cada una das categorías:
RELACIÓN DE PREMIOS POR CATEGORÍAS |
||
MAIOS TRADICIONAIS |
MAIOS ARTÍSTICOS |
COPLAS E INTERPRETACIÓN |
1º Premio 150 euros |
1º Premio 150 euros |
1º Premio 80 euros |
2º Premio 100 euros |
2º Premio 100 euros |
2º Premio 50 euros |
3º Premio 50 euros |
3º Premio 50 euros |
3º Premio 30 euros |