O Grove, 21 de xullo de 2023.- O Concello do Grove continúa a vindeira semana a programación do Verán Cultural con novas propostas.
O luns 24 de xullo a partir das 20.30 h a agrupación musical os Firrás ofrecerá unha nova edición de Noite de Serenatas no palco situado na Praza do Corgo.
O 25 de xullo, para conmemorar o Día de Galicia, celebrarase na Praza do Corgo un acto institucional que dará comezo ás 21.00 h coa intervención de José A. Cacabelos, alcalde do Grove, e Pilar Galiñanes, Concelleira de Cultura e Patrimonio. A continuación ofrecerase o concerto de A Banda da Loba, grazas ao patrocinio do programa Musigal da Deputación de Pontevedra.
A Banda dá Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, asaltando multitude de escenarios e vilas por todo o país e con traballos publicados como “Bailando as rúas”, “Fábrica de luz” e “hasme oír”.
O mércores 26 de xullo na Rúa de Santo Antonio, dentro do ciclo Cinema de Verán, proxectarase “O extraordinario viaxe de T.S. Spivet”, película dirixida por Jean-Pierre Jeunet e recomendada para público familiar.
Xa o xoves 27 de xullo, a partir das 21.30 h, terá lugar tamén na Praza do Corgo a actuación musical de Carmela Arce e Anxo Rego dentro do ciclo Xoves Musicais.