galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

venres, 28 de xullo de 2023
"AS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LECTORA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO GROVE ACADAN UN NOVO RECOÑECEMENTO A NIVEL NACIONAL"

 

A biblioteca foi galardoada cun novo premio María Moliner polo proxecto “Unha biblioteca de libros e outras historias”

 

 O Grove, 27.07.2023.- As actividades de dinamización lectora desenvolvidas na biblioteca municipal do Grove acadan un novo recoñecemento a nivel nacional. O programa de dinamización lectora “Unha biblioteca de libros e outras historias” logra un novo Premio María Moliner para a biblioteca do Grove, o que supón un aporte económico de 2777,72 € para a compra de libros.

 

O proxecto de dinamización desenvolvido pola biblioteca do Grove obtivo unha puntuación de 75, o que a sitúa entre as 20 mellores a nivel estatal e a segunda a nivel autonómico. Con este novo recoñecemento son xa 12 os premios obtidos pola Biblioteca Municipal do Grove: no 2005, no 2006 e, de forma ininterrompida, en todas as edicións desde o ano 2011.

 

As puntuacións obtidas polas programacións da Biblioteca Municipal do Grove a sitúan entre as mellor valoradas do panorama nacional con proxectos dirixidos a fomentar a biblioteca como organización cultural e comunitaria, máis aló dos seus límites de espazo físico, con programas completos, ben expostos con actividades interesantes e ben desenvolvidas, tanto no contido como no formal.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss