galego | español
texto grande
buscar

Noticias

luns, 9 de outubro de 2023
"CLASES PADEL"

Un curso máis o Concello do Grove, a través da Concellería de Deportes, abre o prazo para inscribirse nas clases de pádel.

 

Esta actividade vaise realizar en horario de mañá e tarde de luns a venres nas pistas de pádel no Pavillón de deportes Novo. Esta actividade está dirixida a nenos e adultos a partir dos 6 anos. Divídese en escola de nenos (6-12 anos), adolescentes (13-18 anos) e adultos (a partir dos 19 anos en diante)

 

 

 

É unha actividade deportiva que conta cunha gran demanda entre a veciñanza do noso municipio é en especial cada ano no aumento de inscricións na escola de nenos. O pádel o igual que tódolos deportes en idades temperás, favorece o desenvolvemento motriz aumentando a coordinación e mellorando o desprazamento e equilibrio, ten beneficios no desenvolvemento fisiolóxico xa que fomenta e axuda a estimular o estado anímico, mellora a autoestima e é perfecto para socializar.

 

 

A inscrición nestas clases  para nenos, adolescentes e adultos  comezará mércores 11 de outubro no Rexistro do Concello, situado na planta baixa do edifico administrativo municipal, en horario de 9.00 a 14.00 h, ou ben a través da sede electrónica.

 

O formulario para inscribirse poderá recollerse na mesa da entrada do mesmo edificio administrativo ou mediante instancia xeral na sede electrónica.

 

As clases iniciaranse o xoves 2 de novembro e finalizarán a finais do mes de xuño do vindeiro ano.

FOLLA DE INSCRICION

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior febreiro | 24 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
26272829

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss