galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Consumo - OMIC

mércores, 10 de outubro de 2012
"O Concello do Grove continúa coa súa política de apoio aos afectados pola suscrición de participacións preferentes e obrigacións subordinadas"

 

Desde o mes de abril pasaron máis de 200 persoas solicitando información e ás que se lles tramitaron as súas reclamacións a través da OMIC

 

 

O Concelleiro de Economía, Facenda e Persoal, Juan Luis Callón Cameán, informa de que o Concello do Grove continúa apoiando e intentando axudar as persoas afectadas pola subscrición das participacións preferentes e das obrigas subordinadas, dentro do seu marco competencial.

 

Este apoio teno vehiculizado a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello do Grove que continúa asesorando, informando e tramitando todas as reclamacións dos afectados facilitándolles o acceso ao procedemento de Arbitraxe, Mediciación ou Reclamación ante a Administración.

 

Desde o Grupo de Goberno Local espérase unha solución inmediata para as miles de persoas afectadas que lles permita recuperar o 100% do nominal dos títulos subscritos e poder recuperar a totalidade dos seus aforros.

 

Así mesmo, faise necesario destacar que o Pleno da corporación municipal do Concello do Grove acordou por unanimidade na sesión do 26/04/2012 a seguinte moción:

 

“1º.- Apoiar ás persoas afectadas polas participacións preferentes nas súas legais reclamacións e prestar información ás mesmas, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor.

 

2º.- Instar a Xunta de Galicia a que:

 

a) Inste o Banco de España e a CNMV para que promovan, e no seu caso presten ás autorizacións necesarias a Novagalicia Banco e ao resto das entidades financeiras, para dar solución á recuperación do investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes en Galicia que desexen recuperar os cartos investidos neste produto.

 

b) Inste as entidades financeiras que operen en Galicia e que emitiron participacións preferentes para que promovan unha solución aos subscritores de participacións preferentes que desexen recuperar os cartos investidos neste produto, permitindo aos afectados a recuperación íntegra do investimento realizado.

 

c) Apoie e informe os posibles afectados pola comercialización das participacións preferentes sobre as vías de reclamación das que dispoñan a través das oficinas do Instituto Galego de Consumo.

 

d) Demande das autoridades competentes o cumprimento estrito da normativa MIFID (Directiva sobre Mercados de Instrumentos Financeiros) na comercialización no tramo minorista de produtos financeiros.”

 

Igualmente faise necesario destacar que o Pleno da corporación municipal do Concello do Grove acordou por unanimidade na sesión do 26/07/2012 a seguinte moción:

 

“1º Instar á Xunta de Galicia a promover, no seu ámbito de competencias, e a demandar do Goberno do Estado Español e da Comisión Europea da Competencia, unha solución inmediata para as miles de persoas afectadas pola fraude das Participacións Preferentes, que teña en conta a existencia de malas prácticas e comercialización indebida polas entidades financeiras, que lles permita recuperar o 100 % do nominal dos títulos subscritos.

 

2º.- Demandar de Novagalicia Banco que garanta os postos de traballo, así como asegure unha adecuada atención aos clientes da entidade.

 

3º.- Comunicar o presente acordo ao Presidente da Xunta de Galicia, Presidente do Goberno do Estado e grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia.”

 

O alcalde do Concello do Grove mostrouse satisfeito polo servizo prestado desde a OMIC a estes afectados e manifestou que “animo a todos os afectados a que non dubiden en utilizar a nosa OMIC municipal ao obxecto de que poidan recuperar os seus aforros canto antes".

 

 

Webcam en Directo

axenda

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss