Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Axudas para os equipos sintonizadores TDT

Fecha: 2010-01-21

 

O Concello do Grove anuncia axudas para os equipos sintonizadores TDT

 

As concellerías de Benestar e de Industria, Comercio e Novas Tecnoloxías informan a veciñanza do Grove de que se están a tramitar as axudas a colectivos en risco de exclusión para poder dispoñer dun equipo sintonizador de TDT, durante 4 anos. Os equipos serán recollidos polo Concello na Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións en Pontevedra, para aqueles veciños e veciñas que non poidan desprazarse.

 

Para poder acceder a estas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:

  • Pertencer a algún dos colectivos beneficiarios:
    • Ter 65 anos ou máis e unha dependencia recoñecida de nivel II ou III.
    • Ter un grao de discapacidade do 33% ou superior, constando como unha das súas discapacidades algunha de tipo auditivo ou visual.
    • Ter máis de 80 anos e vivir só ou soa, ou ben en compañía doutra persoa tamén maior de 80 anos.

 

  • Non ser beneficiario ou beneficiaria deste Plan de Actuacións de Apoio a través de asociacións ou comunidades autónomas.

 

As persoas que desexen acollerse a estas axudas deben facer unha solicitude no Rexistro do Concello, na que consten os seu datos persoais, a que colectivo beneficiario pertencen e un número de teléfono de contacto, de xeito que se poida tramitar a correspondente solicitude de sintonizador de TDT.

 

Recordamos que o prazo para solicitar estas axudas finaliza o próximo 3 de abril, coincidindo co apagamento analóxico.