PROGRAMA INICIATIVA XOVE
Fecha: 2010-05-07
Programa INICIATIVA XOVE
Convoca a Consellería de Traballo e Benestar.
- Cando se trate de proxectos de iniciativas xuvenís poden solicitalo:
- os grupos informais de mozos que, non pertencendo a ningunha asociación, desexen realizar unha iniciativa social (deberán estar formados por un mínimo de 5 mozos/as de 18 a 29 anos )
- as asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións (que deberán estar inscritas no censo oficial dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado)
- Cando se trate de adquisición de equipamento e material inventariable poderán solicitar a axuda as asociacións xuvenís e as federacións de asociacións xuvenís
Máis información no DOG nº 86 do 7 de maio de 2010.