Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE ACHEGA CASTELAO AO ALUMNADO DA VILA A TRAVÉS DO TEATRO E O AUDITORIO.

Fecha: 2025-10-16

O Grove, 16/10/2025.- O Concello do Grove, a través do Programa + Escénicas da Deputación de Pontevedra,  ofrecerá oxoves 23 de outubro a obra de Teatro Castelao no Auditorio do Grove para os centros  educativos da vila.

Dirixida por Fina Calleja e contexto de Paula Carballeira, Castelao convida á rapazada a descubrir o universo emocional e artístico dun neno Daniel en vésperas dunha gran viaxe: cruzar o océano rumbo a Arxentina para reencontrarse cun pai ausente. Pero antes departir, Daniel perdeuse polas rúas de Rianxo na compaña de Baltasara, unha moza libre e misteriosa que coñece todos os segredos da vila e reta ao rapaz a retratar co seu enxeño cada recuncho que exploran xuntos.

Protagonizada por Mónica Caamaño e Cris Collazo, a montaxe mergulla o público nunha tarde chea de xogos, emocións e aventuras, na que o pequeno Castelao debuxa, xoga cos barcos de cortiza e escoita historias da Santa Compaña ou do barbeiro dos sábados, tentando gardar para sempre a memoria da súa vila antes da despedida. O espectáculo combina narración, dramatización e unha potente carga visual inspirada na propia obra artística de Castelao: as súas cores, formas e sentimento.

A proposta pon tamén no centro o universo feminino que rodeou ao neno Castelao,coa presenza destacada da nai e da figura de Baltasara, reivindicando a pegada das mulleres na súa formación vital e artística. 

Esta montaxe aposta por un teatro galego comprometido coa cultura e a memoria, ofrecendo unha viaxe teatral que é, ao tempo, pedagóxica, divertida e profundamente emocionante.


cartel