O CLI convoca para mañá xoves unha concentración contra a violencia machista
Fecha: 2010-11-24
O Consello Local da Igualdade (CLI) convoca para mañá, Dia internacional contra a Violencia de Xénero, unha concentración diante da Casa do Concello a partir das 12.00 h, e convida a participar nela a toda a veciñanza do Grove. Nesta concentración participarán representantes dos diferentes colectivos sociais do municipio e as integrantes do CLI lerán un manifesto da súa elaboración que esta mesma tarde se ratifica.
Ademais, desde esta semana estanse a desenvolver diversas actividades e destinados ás mulleres da vila, organizados pola Concellería de Igualdade e Benestar, en colaboración co Centro de Información da Muller.
O primeiro tenente de alcalde, Carlos Álvarez Besada, afirmou que I Plan de igualdade é fundamental para este concello, e que se está a desenvolver en todos os ámbitos. Considera que constitúe unha ferramenta de traballo vital para calquera concello, e desde a concellería que dirixe pretende que sexa un instrumento guía para as demais concellerías do goberno, pero tamén para todos os colectivos sociais, aos que lles pide unha participación plena no desenvolvemento do Plan.