Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE AMPLÍA O HORARIO DO ESPAZO MUSEÍSTICO DE PUNTA MOREIRAS

Fecha: 2022-05-09

 

O mércores 18 de maio celebrarase unha xornada de portas abertas.

 

O Concello do Grove amplía o horario do espazo museístico de Punta Moreiras a partir da vindeira semana co obxectivo de facilitarlles a visita das instalacións a todas aquelas persoas que estean interesadas.  

 

O novo horario, que comezará o martes 10 de maio e será de martes a domingo, de 10.00 a 14.30 h e de 16.30 a 21.00 h.  

 

Así mesmo, para a celebración do Día Internacional dos Museos, o Concello do Grove ofrecerá o mércores 18 de maio unha xornada de portas abertas, con entrada gratuíta no seu novo horario.