Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

APERTURA MATRICULA PAI

O Concello do Grove puxo en marcha un Punto de Atención á Infancia (PAI) como forma de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como o de garantir o apoio ás familias como marco de referencia no que se desenvolven as persoas.

Vista a resolución asinada o 22-06-2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Concello do Grove para o curso 2023/24, o prazo de inscrición estará aberto desde o 23 de xuño ata o 9 de xullo.

ANEXO I: solicitude de novo ingreso.

ANEXO II: Comprobación de datos do/a conxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar.

ANEXO III: autorización para a presentación de praza.

ANEXO IV: baremos para a orde de adxudicación de prazas.

ANEXO V: solicitude de renovación de praza.

DESCARGA DOCUMENTACIÓN E ANEXOS AQUÍ


Todas as novas