Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Publicadas as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades culturais no ano 2011

Fecha: 2011-05-27

 

 

No Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra do pasado mércores, 25 de maio, saíu publicada esta convocatoria, que ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que, no eido da cultura e nas súas diversas formas, promovan asociacións culturais sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o concello do Grove, e dirixidas á poboación en xeral.

 

O prazo para presentar as solicitudes é de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP.

 

Pode consultar o contido íntegro da convocatoria no seguinte enlace:

Subvencións para actividades culturais 2011