Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Día Mundial sen Tabaco

Fecha: 2011-05-31

Coincidindo coa celebración do Día Mundial sen Tabaco, este martes 31 o Servizo de Prevención e Asistencia ás Drogodependencias (SPAD) do Concello do Grove repartirá información sobre o tabaquismo e realizará un taller no colexio Valle-Inclán. Os materiais que o SPAD porá á disposición do público son guías para deixar de fumar, folletos ou carteis de espazos sen fume. Colocaranse nas sedes dos servizos municipais e outros organismos públicos da localidade. Así mesmo, tratarán de ofrecerlle á cidadanía unha maior información sobre o Programa de deshabituación do consumo de tabaco co que contan que, ao igual que o resto de programas do SPAD, é de balde, anónimo e de atención interdisciplinar. Por outra banda, tamén haberá no colexio Valle-Inclán un taller que ten como obxectivo xerar na mocidade a reflexión encamiñada ao rexeitamento do consumo de tabaco e o fomento da vida saudable.