Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Entrada de balde para a rapazada na semana do medio ambiente e os océanos no Acuario do Grove

Fecha: 2011-06-02

O Acuario do Grove, acabado de inaugurar, localizado no lugar de Moreiras, quere celebrar a semana do medio e os océanos invitando a todos os nenos e nenas a visitar de balde as súas instalacións. Desde o sábado día 4 ata o domingo día 12 de xuño, ambos os dous incluídos, todos os nenos e nenas menores de 12 anos que visiten estas instalacións, acompañados dos seus pais, entrarán gratis.

 

Xá que unha das misións máis importantes do Acuario do Grove é divulgar, ensinar e interpretar a riqueza e biodiversidade que habitan as Rías Baixas, esta iniciativa permitirá que a xente nova aprenda e goce do mar visitando as instalacións do Acuario do Grove para celebrar os días 5 de xuño (Día do Medio) e 8 de xuño (Día dos Océanos).

 

A día de hoxe, no Acuario do Grove habitan máis de 1000 exemplares de animais, de 100 especies diferentes, entre as que se poderían destacar: quenllas touro, sargos, morenas, un exemplar de tartaruga boba de gran tamaño, raias, polbos, aguias mariñas, meros de 20 quilos, e un longo etcétera. A visita percorre 26 acuarios de distintas temáticas, distribuídos en 2000 metros cadrados de instalación.

 

NOTA: o horario de apertura é de 10 da mañá a 7 da tarde, as fins de semana ata as 8. A promoción é válida para todos os nenos, ata 12 anos, que vaian acompañados dos seus pais. Para máis información: 902 109 835