Amplíase o prazo de inscrición para o campamento de inglés
Fecha: 2011-06-03
A Concellería de Educación do Concello do Grove amplía o prazo de inscrición para o campamento de inglés Baby Rock English Summer Camp, xa que, rematado o día 31 de maio, non se cubriron as prazas dispoñibles.
Así pois, ampliase o prazo de inscrición ata o 15 de xuño de 2011 ou ata cubrir todas as prazas dispoñibles, mantendo os criterios de inscrición aprobados nas bases da Xunta de Goberno local do 10 de maio de 2011:
- Nenos/as de entre 7 e 14 anos.
- Actividade que se vai desenvolver no colexio Conmeniño.
- Horario de 09.30 a 14.00 horas.
- Quendas para elixir: do 4 ao 22 de xullo; do 26 de xullo ao 12 de agosto e do 16 de agosto ao 2 de setembro.
- O custo por quenda é de 110€.
Para máis información e inscrición, dirixirse á Casa Azul na r/Castelao 173, baixo, no teléfono 986 730 609 ou no adlogrove@concellodogrove.com.